




Os montes de Brión sempre foron conocidos por a Historia pola famosa batalla acontecida no ano 1808.
Pero na realidade no día de oxe e que son un lugar , onde a naturaliza se arraiga a terra de maneira que por moito que faga o home sigue intentado mantelos tal e como son. A pesar das amenizas de facer un polígono industrial e quen sabe que mais .
Se fixeron pistas forestais que romperon o encanto de a naturaliza ,se están ameazando os restos arqueolóxicos da zona , problabemente da época romana con a construcción de una vía de acceso a o porto exterior , cortando polo o medio una posible calzada romana totalmente empedrada . A outra ameaza sería a limpeza dos montes por obligación da Xunta de Galicia ,destruíndo o refuxio natural das poucas especies animais da zona .A Xunta de Galicia ten a idea absurda de limpar os montes como si foran hortas o campos de golf , todo porque foron incapaces de frear a ola de incendios de ano pasado , e son incapaces de pensar que na maleza e onde viven diversas especies animais .
Un dos sitios mais emblemáticos e pouco conocidos e a lagoa do Cha .E uha pequena lagoa no medio do monte que polas tardes solta un brillo co reflexo do sol que da a sensación de encontrarse con un espellismo .Cando chega a primavera tiñese de color blanco e verde .
A BATALLA
O 25 de agosto do ano 1800, unha flota inglesa con máis de 100 velas arrivaba ás costas ferrolás nunha acción sorpresiva, para causarlle un golpe moral ao expansionismo napoleónico e mais unha baixa física á flota española; parte das súas naves atopábanse na nosa ría.
O vicealmirante John Warren viña ao mando dun continxente de 7 navíos, 6 fragatas, 5 bergantíns, duas balandras e unha goleta. Un total de 21 buques de guerra protexendo 86 transportes que contiñan 15.000 soldados principalmente de Infantería e Cabalería.
Na nosa ría estaban os navíos San Hermenegildo, Real Carlos, Argonauta, Monarca e San Agustín; as fragatas Mercedes, Asunción, Clara e La Paz; dous bergantíns, o Palomo e máis o Vivo; 6 canoneiras e outras catro en Ares, que viñeron rapidamente a defender Ferrol. En total as tropas militares eran preto de 2.000 e xunto cos voluntarios non sumaban máis de 3.000, e cuns reforzos en difícil situación para se achegaren.
A situación social era realmente insostible, pois os militares non cobraban dende había 5 meses, a fame e a pobreza estaban presentes na realidade da cidade e, en xeral, a nosa praza estaba desgornecida. Á fronte dela estaba o conde de Donadío.
O día 25 era a festa do santo da Raíña María Luísa, polo que en Ferrol, os oficiais estaban realizando un acto oficial. Foi de mañá, cando o vixía de Monteventoso deu a voz de alarma, aínda que, en principio, se pensou que era unha flota que ía cara ao Mediterráneo.
Pronto enfiaron cara á praia de Doniños e San Xurxo, polo que se veu claramente que era unha invasión.
Rapidamente as naves locais tomaron posición fronte toda a costa da Cabana e da Graña, chegando dende a Malata ao Vispón.
Mentres os ingleses desembarcan en Doniños e uns poucos en San Xurxo. Os fortes destas praias non aguantaron nin os primeiros ataques e retrocederon os sesenta homes destas tropas para xuntárenselles aos que viñan dende Ferrol.
Un primeiro grupo de militares e homes da bisbarra armados con ferramentas de labranza empezou a remontar dende a Graña cara a Balón; á fronte estaba o capitán de navío Juan Bautista Topete, un dos grandes heroes desta xesta. Pola Malata e Serantes camiñou o rexemento de Ourense, gañando as alturas da Cabana, e no medio destes dous grupos estaba o rexemento de Guadalaxara. Ó chegaren á cima, xa con noite, fixeron unhas pequenas escaramuzas contra os ingleses co fin de tentear o inimigo, que era o núcleo da forza invasora. Os ingleses sabían do pequena que era a forza ferrolá, así que comezou unha manobra envolvente, desprazándose cara a San Felipe, tentando coller a Topete de fronte pola esquerda.
Pero á súa vez Topete mandou moverse tamén cara ao castelo, así que os ingleses seguían atopándoos de fronte, con gran sorpresa, porque parecían máis dos que eran. Ademais o terreo era abrupto e arborizado, co que os defensores levaban as de gañar, e os invasores comezaron a desfacerse en pequenos grupos que eran fácilmente atacados, tendo que retroceder rápidamente, cunha vintena de baixas e un primeiro golpe moral.
De noite fíxose a calma, e contan que os ferroláns prenderon moitos lumes en todo o monte simulando moita máis cantidade de xente da que eran. Mais cando chegou o día, a realidade amosou un exército inglés equipado, armado e vestido como nas películas.
O continxente británico facía unha fronte con centro en Balón estendéndose en angulo obtuso cara a San Felipe e Serantes, mentres que os ferroláns eran unha aguda cuña, estirados en fila de a un pero sen fondo. Tentaban frear a baixada contra Ferrol pola Malata. Cara ao castelo non había cobertura defensiva dada a escaseza de tropas.
A medida que chegaban reforzos a Ferrol de Betanzos, da Coruña, etc. eran embarcados en calquera cousa que aboiase en dirección á Graña e á Cabana co fin de reforzar a fronte de batalla.
A iniciativa foi dos ferroláns, e lanzáronse sorpresivamente ao ataque, ante o que os ingleses empezaron a retroceder. A intención posterior foi de novo envolver as débiles pero orgullosas tropas locais, que ante aquel retroceso se encoraxaron, pero cando se observou que había movementos envolventes, axiña se fixo unha retirada, xusto no momento en que chegaba o Batallón Inmemorial e as Milicias Reais, que foron un valioso apoio para a retirada cara á Graña.
Mentres, a ala dereita, en Serantes, lograra deter o avance por este lugar, e foran reforzados polos Cazadores de Xubia, co que os ingleses atoparon unha segunda fronte de batalla na zona. Asemade os campesiños e lugareños de toda a comarca íanse unindo ás forzas defensoras xogando un importante papel que fixo retroceder as forzas inglesas, cortando o paso a Ferrol, e o apoio ao groso dos invasores centrados na zona de Balón e Brión.
Todo isto desconcertou, de xeito definitivo, os ingleses, que viraron cara á Cabana onde o fogo do bergantín o Vivo acabou de poñelos no seu sitio.
A loita na Cabana, Vispón e San Felipe, fíxose corpo a corpo, e detrás de cada recuncho apostábase un ferrolán, converténdose nunha guerra de guerrillas. Os reforzos seguían chegando da Coruña, Ares, Betanzos, etc. e atravesando en dirección á Graña, a situación facíase cada vez máis angustiosa para os ingleses, que dende o alto, vían unha trasfega continua de continxentes dende Ferrol. A cabalería inglesa foi desfeita entre a espesura do bosque.
San Felipe foi sitiado por tres veces, centrando o inimigo a acción alí con catro mil homes, pero a artillería fixo efecto nos invasores, e os vencedores, dende arriba, colleron entre dous fogos aos asaltantes. Estes retroceden por fin desordenadamente. Ao mencer do 27 os ingleses empezaban a chegar a Doniños e reembarcar cada un como podía.
A media mañá os sobreviventes poñían rumbo ás costas británicas, mentres que na noite do 26, Ferrol engalánase e convértese nunha apoteósica celebración da victoria.
Contan que mentres, en París Napoleón brindaba: "polos valentes ferroláns". E como nos dixo un vello de Brión, como se o vivise: "neniño, e como chegaron a Doniños…".
(Datos do libro de D. Guillermo Escrigas "Ferrol Heróico")



No hay comentarios:
Publicar un comentario