viernes, 15 de diciembre de 2006

CARTA DE UN LAGARTO CO RABO QUEIMADO


Son un lagarto de eses que andan por as silveiras e os toxos .Cando leades este escrito xa estarei invernado . Espero que a chuvia no me saque de meu burato , onde paso o inverno . Xa que o lume queimou o monte e non deixou nin si queira unha herba . Quero contar o punto de vista de as alimañas . Esa palabra con que nos chamades , vos os humanos . Éche desolador ver kilometros de monte queimado , con moitos de nos queimados .Vosoutros os humanos solo falades das perdidas económicas e de como solucionar o problema desde o punto de vista económico .Falades de cortar as ramallos e toxos para que non arda o monte , polo que no vos importa si en esas ramallos e eses toxos vivan algún animal que non sexa domestico , por suposto . Fai menos de un século os montes non ardían como nos últimos anos , e si nos remontamos 1000 anos atrás no tempo tampouco . Non existía ningún plan especial da Xunta . Non existían especuladores de terreos que querían enchelos de cemento e asfalto . O que queima o monte sodes vos , os humanos “ as alimañas sodes vos “. Mentres non cambiedes mingua lei poderá parar a queima de nosos montes , pode que a o final quededes solos , quen sabe , tal vez sexa o desexades .

No hay comentarios: